Tuenti Móvil comercializa o Xperia Tipo a 99 € en prepago

Moitos descoñecen Tuenti Móvil, a operadora móbil virtual de baixo custe ligada a Movistar e á rede social Tuenti, que resulta unha opción moi a ter en conta para aqueles que xa teñen un terminal, posto que ten unha tarifa que inclúe 1 GB de datos por 6 €/mes, sen consumo mínimo e con chamadas a 3 cént/min.
Desde hai algún tempo tamén comercializan smartphones, a meirande parte deles Android; neste sentido, o último en ser incorporado á súa tenda foi o Xperia Tipo, un dispositivo básico de Sony que se pode mercar por 99 € (en cartón prepago).
O Xperia Tipo conta cunha pantalla de 3,2 polgadas, procesador de 800 MHz, cámara de 3,2 polgadas, 500 MB de RAM e 2,9 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD en 32 GB extra. Como sistema operativo ten Ice Cream Sandwich (4.0).

Sobre o autor

Reply