O catálogo androide de R segue a aumentar, desta vez cun terminal de iniciación, o Huawei Y200. Trátase dun dispositivo con Android 2.3 (Gingerbread) aderezado coa capa de personalización do fabricante, pantalla de 3,5 polgadas e procesador a 800 MHz.
Dispón de 256 MB de RAM e 521 MB de almacenaxe interna, aínda que ampliábeis por microSD en 32 GB extra. A cámara é de 3,15 megapíxeles e a batería de 1250 mAh.
En canto a prezos, está dispoñíbel desde 0 € para consumos de 19 € + IVE, segundo a seguinte táboa: