Mediaset España lanzou hai algún tempo o portal Mitele, o lugar de televisión á carta que inclúe moitos dos contidos que se emiten a través das canles de televisión do grupo de comunicación (Telecinco, Cuatro, Factoría de Ficción, La Siete, Boing, Divinity e Energy).
Agora vense de lanzar a aplicación para Android, aínda que nun primeiro momento só estará dispoñíbel a través de Samsung Apps, a tenda propia de Samsung, e non aberta a todo o mundo na Play Store (algo que acontecerá dentro dun mes).
A aplicación adáptase aos diferentes tamaños de pantalla para conseguir unha visualización óptima tanto en smartphones como en tablets.
Nome da aplicación: Mitele
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor: Mediaset
Descarga: Samsung Apps