[PECHADO] 1º concurso #1000androidesgalegos: Sorteamos un Android TV!

Xa adiantáramos no noso Twitter que ao chegar aos 1000 seguidores nesa rede social tiraríamos a casa pola ventá. E aquí estamos, cumprindo co prometido, porque grazas a vós vimos de superar esa cifra e seguimos medrando!
Para celebralo imos poñemos en marcha unha serie de sorteos, o que vos presentamos hoxe é o primeiro… de cantos? Ahhhhh! Iso é parte do misterio. Como diciamos, hoxe anunciamos que, en colaboración con SKdualsim, imos sortear un Android TV!
Concretamente o modelo TV SK-1F, un set up box que analizamos no noso blogue hai unhas semanas. Mola, eh? 😀
Como sempre, participar é moi sinxelo. Malia todo, como sempre, pedímosvos que leades con atención todos e cada un dos pasos necesarios. Porque todos son imprescindíbeis. Así mesmo, debedes ler con atención as regras e condicións que aparecen máis abaixo, posto que a participación no concurso leva implícita a aceptación das mesmas.
Pasos para participar
  1. Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a SKdualsim (@SKdualsim). Hai que seguir ambas contas, non vale seguir unha e a outra non.
  2. Poñer o seguinte tweet: Guau! @mallandroid e @skdualsim sortean un Android TV! Ti tamén podes participar, entérate de como facelo en http://ir.gl/1000androidesgalegos
  3. Moi importante: Cubrir este formulario
Regras e condicións
  1. A elección é totalmente aleatoria.
  2. Poden participar contas persoais e tamén de empresa, asociacións… pero sempre e cando fosen creadas con anterioridade ao momento de publicación destas bases e teñan actividade (a lo menos unha publicación semanal).
  3. O concurso remata o domingo 30 de setembro ás 23.59 horas.
  4. O luns 1 de outubro á mañá publicarase a listaxe de participantes, co número de participación asociado a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe, por se fose necesario corrixir algún erro. Se non avisamos de ningunha corrección entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  5. A ou o gañador do concurso elixirase aplicando a operación matemática módulo: “número do sorteo da ONCE do uns 1 de outubro” MOD “número de participantes”.
  6. O envío corre a cargo dos organizadores para o territorio español peninsular e Baleares. Para Ceuta, Melilla ou as Canarias hai un cargo de 18 € de envío que deberá asumir a ou o gañador. Non se farán envíos fóra dos territorios mencionados
  7. Contactarase coa ou co gañador mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto, pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  8. Calquera incumprimento destas normas implicará a expulsión do concurso.
Agora só nos queda dicir que moita sorte e a difundir! 

Sobre o autor

4 Comments

  1. xabre go 26 Setembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 26 Setembro, 2012 Responder
  3. Daniel 3 Outubro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a xabre go Cancelar a resposta