O novo Nexus 7 ten un enorme potencial para xogos de todo tipo, mais para algúns de nós os controis en pantalla táctil son insuficientes e é necesario combinar a maior potencia cos beneficios do control que proporciona un mando físico.
A partir deste instructable, vemos como crear un soporte que permite combinar unha Nexus 7 cun mando de PS3 de forma barata e sinxela, aínda que con lixeiras modificacións pode ser empregado tanto para outras tablets coma para outros dispositivos.
Materiais:
Para ilo, ademais da Nexus 7 e do mando de PS3, necesitamos:
Para a montaxe:
- Variña de aceiro suave de 6.5mm (1,20 m)
- Tubaxe (protexe cables) de 6.5mm de diámetro interior (1,20 m). Isto é o plástico que usan os informáticos para enrollar xuntos os cables dentro dos ordenadores; nós usarémola para envolver o aceiro e protexer o dispositivo de rozamentos e golpes.
- Recubrimento termoretraíble de 6.5mm.
Ferramentas:
- Un torno de banco
- Ferramentas para dobrar
- Cinta métrica
Dobraxes para o mando
- Doblar á metade, co encontro nun radio de 1-2 cm.
- Crear unha forma de V, que actuará como tope para o mando (mira as fotos, xa que pode ser complicado).
- Medir as dimensións do mando e dobrar dúas veces envolvendo o mando na dirección que escolleras.
- Crear a V no lado contrario, menos pronunciada que a outra.
- Dobrar cara a fóra para formar unha gran V.
- Medir a tablet para orientar o ángulo e a distancia desta V, de forma que as esquinas superiores da tablet coincidan coa V.
- Dobrar a V nestes puntos para facer a parte de atrás, de forma que as dúas partes da variña estean paralelas.
- Volver dobrar de forma que as variñas pasen á parte de díante.
- Cortar o sobrante de forma que quede de xeito uniforme.