Sorpresa desvelada! Tras o sorteo da ONCE de hoxe, cuxo número gañador foi o 15.543, e facer a operación módulo con 176 participantes saiu o numero 55, asociado a @juanmamontanez, que leva de regalo nada máis e nada menos que un Android TV valorado en 120 euros.
Así que moitos parabéns a @juanmamontanez polo agasallo e, para os demais, anunciar que para a semana que vén teremos un 2º concurso, así que ficades atentos ao blogue e ás nosas redes sociais, Twitter e Google+.