Así é o Vu II, a evolución do "tabletphone" de LG

Cando aínda non temos novas da chegada do LG Optimus Vu ao noso país descubrimos a evolución dese mesmo dispositivo, o Vu II, un terminal que volve a apostar polas 5 polgadas pero conservando a relación 4:3, peculiaridade que o distingue da competencia que aposta por un 16:9. 
E é que desde LG consideran que esa relación de pantalla, 4:3, é mellor para tratar con documentos, mentres que a de 16:9 sería óptima para un dispositivo pensado máis no multimedia. En resumo, o Optimus Vu II é un terminal pensado para o traballo.
Ademais da pantalla de 5 polgadas, o Optimus Vu II conta cun procesador de catro núcleos de Qualcomm, 2 GB de memoria RAM e dobre cámara, 8 megapíxeles na parte traseira e 1,3 na dianteira. A batería é de 2150 mAh e como sistema operativo trae Ice Cream Sandwich (4.0), imaxinamos que actualizábel a Jelly Bean.

Estará dispoñíbel en branco, negro e rosa por uns 865 $, uns 670 euros co cambio actual.

Sobre o autor

Reply