HTC lanza unha versión vitaminada do One X e anuncia actualización a JB para One S e One X

HTC vén de facer oficial o lanzamento dunha revisión do One X, rebautizándoo como One X+, que inclúe novas melloras entre as que destacan a potencia e, sobre todo, a súa ampliada batería e capacidade de memoria.
O seu procesador, un NVIDIA Tegra 3 de catro núcleos acada os 1,7 GHz, proporcíonalle ao terminal máis velocidade tanto na multitarefa, coma no rendemento gráfico, pero tamén na navegación.
A memoria vese ampliada até os 64 GB e a batería até os 2100 mAh, o que supón unhas 6 horas extra de autonomía (que, por outra parte, boa falta lle facían porque o One X vai bastante xusto).
En canto a sistema operativo, sae directamente con Jelly Bean e a capa Sense 4+, que incorpora melloras na cámara, sobre todo cun modo “autofoto” para a cámara dianteira, ou o acceso ao formato panorámico máis intuitivo.
O One X+ estará dispoñíbel desde o mes de novembro en toda Europa.
Así mesmo, desde HTC informan de que os xa comercializados One S e One X recibirán Jelly Bean este mesmo mes de outubro

Sobre o autor

Reply