Maxwell, así son as novas tablets de BQ: boas, bonitas e baratas

O fabricante BQ vén de prensentar a súa nova liña de tablets Android, apostando por competir no que máis demandan os consumidores: un bo prezo.
Co precedente da Nexus 7, a tablet made in Google que combina calidade a un prezo máis que accesíbel, a nova liña Maxwell de BQ segue o mesmo camiño marcado. En total son tres tablets: Maxwell, Maxwell Lite e Maxwell Plus.
Maxwell
É a tablet de referencia. Por 119,99 € ofrece unha pantalla IPS de 7 polgadas con 1024 x 600 de resolución. A batería é de 4100 mAh e o seu procesador é un Cortex A9 a 1 GHz con 1 GB de memoria RAM.
Maxwell Lite
Para aqueles que non queiran gastar tanto está a versión Lite. Reduce en algo o seu prezo, quedando nos 99,99 €. En canto a características son as mesmas cas da Maxwell normal agás na pantalla, onde a calidade vese mermada dunha pantalla IPS a unha LCD normal.
Maxwell Plus
Na banda oposta, os máis esixentes poden pensar na Plus, que mellora a resulución da pantalla IPS HD e o procesador, que pasa a ser de dobre núcleo a 1,6 GHz. O prezo? 139,99 €.
Todas elas comparten a capacidade de memoria interna (8 GB), ranura microSD, diferentes conexións e sistema operativo, Ice Cream Sandwich, actualizábel a Jelly Bean.
Que vos parecen estas opcións? Con cal vos quedades vós? Pola diferenza de prezo compensa tirar pola Plus, non credes?

Sobre o autor

Reply