Para os que somos “nativos dixitais” andar con trebellos é algo moi intuitivo e axiña nos esquecemos de que existen unhas cousas chamadas “libros de instruccións” (si, hai quen asegura ter visto algún!).
Nesete senso, a democratización Android fai posíbel que todo o mundo poida ter acceso a un smartphone, tanto por prezo coma por accesibilidade, se ben é certo que non a todo o mundo lle resulta igual de doado afacerse a el.
Por ilo desde a operadora galega R veñen de publicar un vídeo, dentro da súa campaña de videotitoriais, no que empregando a técnica do stop motion explican paso a paso como instalar, desde cero, o Whatsapp, que temos por seguro que é unha das aplicacións que máis demandan os usuarios. Dentro vídeo
O tutorial, paréceme adaptado ós usuarios máis nóveis, o cal e de agradecer, pero non estou dacordo nunha cousiña. Iso de recomendar o número de teléfono como pregunta de “seguridade” non me parece moi axeitado.
Calquera usuario que precise dese tutorial, seguirá ese consello e insertará o seu verdadeiro número (non un inventado, que sería o propio), sen decatarse que calquera dos seus contactos que coñezan a dirección de correo electrónico mailo número de teléfono, poida “recuperar” o seu contrasinal.
Eu recomendo, si optamos por esa opción, inventar o número, por suposto!…