1.- Seguir a Mallando no Android no Twitter (@mallandroid) e/ou no Google Plus. Se acabas de chegar, é o momento para que comeces a seguirnos e poder particiar.
2.- Pódese participar en Twitter, en Google Plus ou en ambas redes. Participar nunha das redes dá 1 participación, participar nas 2 dá 2 (máis opcións de gañar).
3.- A participación nunha destas redes sociais implica o seguinte:
- En Twitter. Débese poñer o seguinte tweet: Mi madriña! En @mallandroid sortean unha Blusens Tablet Pacha entre os seus seguidores! Entérate como en http://ir.gl/pacha
- En Google+. Debes compartir esta entrada publicamente no teu Google+. Para ilo clica no botón de +1 que hai ao pé desta entrada.
- A elección é totalmente aleatoria.
- Poden participar contas persoais e tamén de empresa, asociacións… pero sempre e cando fosen creadas con anterioridade ao momento de publicación destas bases e teñan actividade (a lo menos unha publicación semanal).
- O concurso remata o domingo 14 de outubro ás 23.59 horas.
- O luns 15 de outubro á mañá publicarase a listaxe de participantes, co(s) número(s) de participación asociado(s) a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe, por se fose necesario corrixir algún erro. Se non avisamos de ningunha corrección entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
- A ou o gañador do concurso elixirase aplicando a operación matemática módulo: “número do sorteo da ONCE do luns 15 de outubro” MOD “número de participantes”.
- O envío corre a cargo dos organizadores para o territorio español peninsular e Baleares. Para Ceuta, Melilla ou as Canarias hai un cargo de 18 € de envío que deberá asumir a ou o gañador. Non se farán envíos fóra dos territorios mencionados
- Contactarase coa ou co gañador mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto, pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
- Calquera incumprimento destas normas implicará a expulsión do concurso.