Boid, un cliente de Twitter alternativo para androides ICS ou Jelly Bean

Nos inicios de Mallando no Android fixemos un especial de clientes de Twitter, no que analizamos as diferentes características de cada un deles. Desde aquela moito ten cambiado o panorama e hoxe en día atopámonos ducias de aplicacións para xestionar as nosas contas da rede de microblogging.

Queremos presentarvos Boid, un cliente baseado na interface Holo (Ice Cream Sandwich) que aínda que está en fase beta parece que vai ter moito futuro.

Para comezar, Boid destaca pola rapidez, tanto de carga da aplicación como de usabilidade, e polas diferentes configuracións que permite, tanto de imaxe (tons negros, brancos ou mixtura de ambos) como de funcións, destacando o “modo noite” co que podemos silenciar as notificacións. Soporta multiconta e deixa mover as columnas ao noso antollo.

Parécevos unha boa alternativa á aplicación oficial?

Nome da aplicación: Boid for Twitter (Beta)
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 4.0 ou superior
Desenvolvedor: Team Boid
Descarga: Play Store

Sobre o autor

2 Comments

  1. Unknown 18 Outubro, 2012 Responder
  2. dorfun 24 Outubro, 2012 Responder

Reply