HTC tamén aposta polas 5 polgadas: benvido, Butterfly

Samsung, LG… e agora HTC tamén quere ter o seu anaco de pastel no sector das 5 polgadas coa presentación, primeiramente no Xapón, do seu novo terminal, o HTC Butterfly.
Conta cun procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD). Sen embargo, o seu rasgo máis característico é a pantalla, SuperLCD de 5 polgadas e 1920 x 1080 píxeles (440ppp).
Ademais, dispón de dobre cámara (8 megapíxeles a principal e 2,1 a frontal), batería de 2020 mAh e está dispoñíbel en tres cores: branco, negro e rosa (esa cor tan apreciada en Asia).
Non podemos adiantar prezos nin datas de dispoñibilidade no noso País, pero podemos imaxinar que non será antes do ano que vén cando o teñamos nas nosas tendas

Sobre o autor

Reply