Docomo está traballando nunha aplicación para traducir conversas telefónicas en tempo real

Será Android a fin dos cursos do estilo el-inglés-con-1000-palabras? Brincadeiras a parte, quen non pensou algunha vez no marabilloso que sería unha tradución simultánea para comunicarnos con alguén cun idoma que descoñecemos?
Pois parece que este “problema” vai estar resolto en breve, polo menos para chamadas telefónicas. Existe un proxecto elaborado pola operadora xaponesa NTT Docomo chamado Hanashite Hon Yaku que foi presentado no Ceated, unha importante feira tecnolóxica que se celebrou hai unhas semanas.
Hanashite Hon Yaku xa realiza na súa versión actual tradución entre o xaponés, inglés, chinés e coreano, mais segundo apuntan contaría con outros 10 idiomas máis (entre eles o español) para o momento do lanzamento.
O modo de funcionamento será a través de servidores remotos da operadora, que devolverán simultaneamente a tradución. Estará dispoñíbel para dispositivos con Android 2.2 ou superior.
Será isto o que nos depara o futuro?
Vía

Sobre o autor

Reply