4.2 é a nova versión de Android. Si, segue sendo Jelly Bean

Todos os rumores que foron aparecendo nos últimos días xa facían imaxinar que teríamos unha actualización de Android menor, e así foi. Tanto que nin cambia de nome: 4.2 segue sendo Jelly Bean.


Pasamos a ver as principais novidades que nos trae:
Cámara redeseñada e Photo Sphere
A aplicación da cámara cambia completamente, tanto esteticamente como en funcionalidades, onde destaca Photo Sphere, que permite nin máis nin menos que sacar fotos en 360º. Vamos, un paso máis aló das típicas panorámicas.

Compartir este tipo de fotos será moi sinxelo, tanto en Google+ como en Google Maps (imos sacar todos o Street Viewer que levamos dentro?)

Neste enlace podedes ver algunha destas fotos.
Novo teclado
Outra das cousas que cambia é o teclado, que recolle a escritura continua sen ter que levantar o dedo, integrando así o servizo que prestan aplicacións populares como Swype. Tamén se ve mellorada a predicción de texto.

Multiusuario

Unha funcionalidade moi interesante para as tablets é a de multiusuario. Como sabemos, é moi posíbel que este tipo de dispositivos sexan non tanto persoais senón para “a casa”, polo que resulta tremendamente útil que cada quen poida ter o seu escritorio, as súas contas etc nun mesmo dispositivo compartido.

Máis Google Now


A ferramenta Google Now tamén se ve renovada, incluíndo nos servizos entre os que se inclúen a inclusión de novas tarxetas de voos e hoteis, restaurantes, máis eventos (concertos…), novas de actualidade… e soporte en novos idiomas.

Os dispositivos presentados hoxe, Nexus 4 e Nexus 10 xa veñen con esta nova versión de Android. Tamén a recibirán en breve o Nexus 7 e supoñemos que o Galaxy Nexus e Nexus S

Sobre o autor

Reply