FNAC presenta dúas tablets: Tablet 7 e Tablet 10

Polo nome parece que fica máis que claro, as túas tablets que FNAC vén de presentar baixo o seu propio selo son de 7 e 10,1 polgadas, os dous tamaños máis habituais neste tipo de dispositivos, aínda que non únicos (xa sabedes que Samsung testeou as 8,9 cun destes gadgets).
A pequena conta, como dixemos, dunha pantalla de 7 polgadas. A súa resolución é de 1024 x 600 píxeles. Dispón dun procesador a 1,6 GHz (dobre núcleo), 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD en até 32 GB extra) e cámara frontal VGA. A conectividade é unicamente WiFi (non hai versión 3G) e a súa batería acada os 4100 mAh.
Pola súa banda, a tablet de 10,1 polgadas ten unha resolución de 1280 x 800 píxeles, procesador dual core a 1,6 GHz, 1 GB de memoria gráfica, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD  dobre cámra (2 MP a traseira e VGA a frontal). A batería é de 6400 mAh e tamén só hai versión WiFi.
Ambas as dúas veñen con Ice Cream Sandwich (4.0), pero non hai información sobre posíbeis actualizacións. 
O hardware semella máis que aceptábel, aínda que peca un pouco na calidade de pantalla. Iso si, por 129,99 € ou 199,99 € resultan opcións moi a ter en conta para usuarios básicos.

Sobre o autor

Reply