Google, Amazon, FNAC… agora é a quenda de Vodafone, que vén de revisiar as súas Smart Tab para lanzar as Smart Tab II, que poderemos disfrutar en 2 tamaños, 7 e 10 polgadas.
Fabricadas por Lenovo, as tablets están pensadas para uso en mobilidade (con moito sentido sendo unha operadora quen as lanza), polo que contan con conexión 3G HSDPA ademais de WiFi. Como sistema operativo levan Ice Cream Sandwich (Android 4.0) complementadas cunha suite de aplicacións da propia Vodafone, que inclúen:
- Vodafone Cloud: 5 GB de espazo para almacenamento na nube.
- Vodafone Update: notificador de actualizacións de aplicacións e servizos porpio de Vodafone.
- Vodafone Discover: amosa información útil para o usuario en tempo real.
- myPhone@Work, unha aplicación parra xestioanr varios dispositivos dunha empresa.
En canto a características técnicas, a Smart II de 10 polgadas ten un procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 16 GB de memoria interna, 1 GB de RAM, HDMI, DLNA e dobre cámara (de 5 e de 1,2 megapíxeles), mentres que a Smart II de 7 polgadas ten un procesador de 1 GHz, 1 GB de RAM, memoria de 4 GB, dobre cámara (de 2 e de 0,3 megapíxeles) e conector DLNA.
Ambos dispositivos comercialízanse a 0 € con 1 GB de datos para navegación, a 15 €/mes a de 7 polgadas e 22 €/mes a de 10. Ademais, a de 7 polgadas pódese conseguir en prepago por 199 € con 1 GB inclúdo para consumir en 3 meses. Estarán dispoñíbeis desde a semna que vén.