Pois aquí comezamos unha semana máis cun agasallo para un ou unha de vós, o terceiro (que non derradeiro) sorteo polos 1000 androides galegos. Desta vez trátase dun MiniPC for Android 4.0, un dispositivo que analizamos hai unhas semanas no noso blogue (podedes ler aquí a review) e que sorteamos coa colaboración de Hardgalicia.
Para participar só terás que seguir 3 pasos, pero todos son imprescindíbeis, polo que prestade un pouco de atención e non deixedes de facer ningún. Ademais, a participación conleva a aceptación das regras e condicións que explicitamos máis abaixo.
- Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a Hardgalicia (@hardgalicia) en Twitter. Hai que seguir ambas contas, non vale seguir unha e outra non.
- Poñer o seguinte tweet: Manda carallo, xa estan os de @mallandroid facendo spam! Quero gañar con @hardgalicia un miniPC Android! Olla como en http://ir.gl/sorteopc
- Moi importante: cubrir este formulario
Regras e condicións
- Este concurso limítase ao territorio galego, é dicir, non se farán envíos a enderezos de fóra.
- A elección é totalmente aleatoria.
- Poden participar todo tipo de contas (persoais, empresa, asociacións…), pero sempre e cando teñan actividade (a lo menos unha publicación semanal).
- O concurso remata o domingo 18 de novembro ás 23.59 horas.
- O luns 19 de novembro á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada participante. Haberá de prazo até as 17 horas dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe, por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
- A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 19 de novembro “MOD” número de participantes”.
- O envío corre a cargo dos organizadores.
- Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
- Calquera incumprimento destas normas implicará a expulsión do concurso.
Moita sorte e a difundir!
Solo para Galicia?, vaya, y Yo que pensaba que esto solo pasaba en cataluña. De tal palo tal astilla.
Ola Anónimo,
antes de nada graciñas por visitar o noso blogue e deixar un comentario.
Non entendo moi ben a que vén a comparación con Catalunya, nin se o fas con sentido positivo ou negativo ou tan sequera se vén ao caso.
Se es seguidor/a do blogue verás que nos diferentes concursos que facemos poñemos limitacións diversas, o mesmo que condicións para participar. Isto é debido a que somos un proxecto sen ánimo de lucro, polo que facer un concurso non só non nos xera beneficios senón todo o contrario: cáusanos gastos, aínda que os fagamos gustosamente por satisfacción persoal de toda a xente que hai detrás deste proxecto.
Neste sentido, calquera agasallo físico ten uns costes de envío elevados (porque enviamos por correo certificado, asegurado, étc), de aí que ás veces poñamos limitación, por exemplo, no envío ás Illas Canarias ou Celta/Melilla.
Pero ademais diso, a tenda que nos cede o agasallo para que poidamos sortear entre todas e todos os lectores ten a súa ubicación, base operativa e clientela en Galiza, polo que desde o Consello de Edición do blogue entendemos que desta vez ese debera ser o ámbito do concurso.
Agardo ter respostado as túas posíbeis dúbidas
Acho que neste país estamos acostumados a infravalorar o mercado interior e as súas vantagens, como o reducido importe dos gastos de envío. De feito na maioria das tendas online galegas nom se oferecem diferentes tarifas para o mercado interior e o do resto do estado, ainda que o 90% dos transportes sim que as tenham.
Por outra banda, fala muito da clase política que temos o feito de que saia máis barato enviar algo a Canarias que a Portugal, deve haver umha sorte de barreira invisível que grava o paso entre os dous estados, porque a fronteira geográfica nunca existiu