Hoxe saen á venda o Nexus 4 e o Nexus 10 na Play Store, chega Google Music e actualízanse os outros Nexus

Por fin rematou o tempo de espera e desde hoxe mesmo poderase proceder a mercar, con envío inmediato, os novos dispositivos Nexus by Google, e dicir, o Nexus 4 e o Nexus 10, ademais das novas versións do Nexus 7, que inclúen conectividade 3G.
Deste xeito, o portfolio actual de dispositivos Nexus queda cos seguintes prezos, segundo versións:
  • Nexus 4 libre (8 GB): 299 €.
  • Nexus 4 libre (16 GB): 349 €.
  • Nexus 7 (16 GB, WiFi): 199 €.
  • Nexus 7 (32 GB, WiFi): 249 €.
  • Nexus 7 (32 GB, WiFi+3G): 299 €.
  • Nexus 10 (16 GB, WiFi): 399 €
  • Nexus 10 (32 GB, WiFi): 499 €.

Malia que algunhas tendas xa anunciaron a súa dispoñibilidade (Media Markt), e outras cancelaron a súa intención de telos en catálogo (The Phone House), os mellores prezos (os comentados arriba) atoparémolos na tenda en liña de Google, Play Store.

Play Music

Ademais, desde hoxe todo o mundo pode acceder a Play Music, o servizo de música streaming de Google que permite almacenar 20.000 cancións que subamos e todas as que merquemos na tenda en liña Play. Para acceder á vosa conta entrade en http://music.google.com cos vosos datos de Google.

Actualización do resto da familia Nexus

Como xa vos temos contado, os novos Nexus 4 e Nexus 10 contan con Android 4.2, unha nova versión de Jelly Bean. Podemos confirmar que os Galaxy  Nexus xa están a recibir esta versión grazas á referencia de varios posuidores. Tamén se agarda que comece a chegar aos Nexus 7 e Nexus S ao longo do día.

Sobre o autor

Reply