Smart Chat, o novo Android prepago de Vodafone con teclado qwerty

Levávamos xa tempo sen descubrir novos dispositivos Android con teclado físico Qwerty, mais hoxe vense de anunciar o lanzamento dun novo terminal da saga Smart de Vodafone que conta con esta característica, o Vodafone Smart Chat.
Trátase dun dispositivo orientado ao público máis xuvenil e usuarios de cartón prepago, podéndose conseguir por 75 € sen compromisos de permanencia para clientes actuais da operadora vermella (85 € para novos clientes) ou de xeito gratuíto nas modalidades de contrato RED/Base.
O Smart Chat conta cun procesador de 800 MHz, cámara de 3,2 megapíxeles e Android 2.3 como sistema operativo (non actualizábel).
Vodafone ofrécelle ademais certos servizos como Vodafone Music (unha tenda con máis de 5 millóns de cancións, as 10 primeiras gratuítas), Vodafone TV, Vodafone Discover e Mi Vodafone.

Sobre o autor

Reply