O L9 de LG xa está dispoñíbel en exclusiva (polo de agora) con Vodafone

Cada vez vemos menos ventas exclusivas de terminais, sen embargo Vodafone e LG volven unirse para lanzar o LG Optimus L9, un dispositivo que coñecemos na pasada IFA de Berlín.
As bazas deste terminal son a batería (2150 mAh), gran pantalla IPS de 4,7 polgadas e unha selección de aplicacións exclusivas que LG introduxo como parte da súa personalización sobre Android 4.0 (Ice Cream Sandwich), entre as que destacan QTranslator e My Style Keyboard.

Ademais, este dispositivo de 9,1 mm de grosor conta cun procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, dobre cámara (traseira de 5 MP e frontal VGA)
En canto a prezos, pódese adquirir desde 0 € coas tarifas Vodafone RED ou Vodafone Base 3.

Sobre o autor

Reply