Archos FamilyPad, a tablet de 13,3 polgadas para disfrutar en familia

Asuminos que os smartphones son para uso unipersoal, mais moitas veces as tablets son elementos que se comparten entre os diferentes membros dunha casa. Neste sentido, a última versión de Android (Jelly Bean) incorporou como novidade a multiconta neste tipo de dispositivos, para que cada un poida ter as súas cousas sen necesidade de ter unha tablet por persoa.
Un pouco con esa idea de compartir un dispositivo, Archos vén de presentar a FamilyPad, unha tablet con pantalla de gran tamaño (13,3 polgadas) pensada para disfrutar dos tradicionais xogos de mesa en formato dixital (moitos deles xa veñen precargados), do consumo de multimedia e da organización da vida da casa.
Dispón de 8 GB de memoria (ampliábeis con microSD até 32 GB), RAM de 1 GB, procesador a 1 GHz, microUSB, saída HDMI e dobre cámara, frontal e traseira, ambas de 2 MP.

Estará dispoñíbel en decembro en toda Europa por 299 €.

Sobre o autor

One Response

  1. Toninhofj 23 Novembro, 2012 Responder

Reply