Sony trae o #XperiaFest a Santiago e ofrece a posibilidade de telonear a @JaneJoyd

A división móbil de Sony ten en marcha o #XperiaFest, un festival musical que está a levar por diferentes cidades españolas (Madrid, Barcelona, Granada…) concertos de grupos como Hola A Todo El Mundo, Lori Meyers… nos que ofrece a posibilidade de tocar a un grupo local como teleneiro.

Jane Joyd nunha actuación, imaxe de Chusmi10

En Galiza, a parada do #XperiaFest será o vindeiro 19 de decembro en Santiago de Compostela, e contará coa presenza da coruñesa Jane Joyd nun espectáculo aberto a todo o mundo sen convite ou entrada.

Os grupos noveis que quieran darse a coñecer e participar neste espectáculo poden participar nun proceso de selección subindo unha canción a través desta aplicación de Facebook antes do 30 de novembro.
Esta xira de festivais enmárcase dentro da campaña promocional do terminal Xperia S (que analizamos en Mallando no Android hai uns meses), polo que o espectáculo terá lugar nun escaparate emblemático de Santiago de Compostela, aínda que a música chegará ao exterior a través da función One Touch, baseada na tecnoloxía NFC.
Así que xa sabedes, se tedes un grupo (ou coñecedes a alguén que o teña) e vos apatece participar, apurade, porque hai pouco tempo de marxe para inscribirse!

Sobre o autor

Reply