Onte asistimos á presentación do #OptimusL9. Isto é o que descubrimos

A xente que nos segue polo Twitter xa veríades que onte estivemos por Madrid, onde acudimos para coñecer en primeira persoa o Optimus L9, o novo dispostivo do fabricante coreano LG que amplía con el a familia dos chamados L-Style (L3, L5 e L7).
L3, L5, L7 e L9
O acto comezou cunhas pinceladas ao sector de telefonía móbil en España a partires dos datos dunha consultora independente. Deles despréndese que actualmente o 90,3% dos terminais que se venden xa son smartphones, fronte a 9,7% de dispositivos “só voz”, polo que resulta evidente que a intelixencia do mercado vai camiño de ser total.
En canto a LG, o fabricante dobrou a súa presenza no mercado entre maio e outubro deste ano, acadando o mes pasado unha cota de mercado do 11,7% e un terceiro posto no sector, logo de Samsung (46,1%) e Sony (15,8%). Ademais, dous dos seus terminais (L3 e L5) coláronse na listaxe dos 10 smartphones máis vendidos.
Os usuarios consultados tamén estableceron que as necesidades no mundo dos smartphones son, por esta orde: mellor batería, mellor prezo, máis facilidade no manexo e máis e mellor pantalla. E neste sentido parece que é o que pretendeu LG implementar no L9, un dispositivo que aumenta un 30% a súa batería fronte outros terminais da mesma gama, chegando aos 2150 mAh (o habitual son uns 1500-1700 mAh) sen sacrificar en espazo grazas a unha tecnoloxía propia chamada SiO+, que ademais tamén permite acadar o 100% de carga en 2 horas.
A pantalla do L9 é unha IPS de 4,7 polgadas con resolución qHD (960 x 540). Ten un procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 4 GB de memoria interna (+ 32 GB extra a través de microSD) e dobre cámara (5 megapíxeles a traseira, VGA a frontal),
Vén con Android 4.0 (Ice Cream Sandwich) e interface Optimus UI 2.0 Lite, que ademais de dar un aspecto diferenciado inclúe 4 ferramentas que entendemos bastante útiles:
  • QuickMemo: permite facer capturas de pantalla e traballar sobre elas: escribir, incluír cousas… que podería ser interesante para, por exemplo, compartir un mapa.
  • QuickTranslator: con el poderemos ter unha tradución a partires dunha imaxe que capturemos. O bo é que tamén pode funcionar offline grazas a 44 dicionarios que se poden descargar e engadir. Actualmente traduce entre 64 idiomas.
  • My Style Keyboard: é un teclado que axusta de xeito automático o teclado, poñéndoo cara un lado ou outro (esquerda ou dereita), segundo sexamos diestros ou zurdos, ou separándoo en dous cando poñemos o móbil en horizontal.
  • Activación da cámara por voz.
Polo de agora está dispoñíbel só a través de Vodafone, aínda que en breve vai estar tamén no mercado libre por 379 €. Comercialízase en dúas cores, negro e branco, aínda queaté o momentosó está en venda a versión negra.

Sobre o autor

Reply