Samsung lidera o mercado das tablets en España, desprazando a Apple do liderado

O reinado do iPad está en decadencia. Iso é o que se desprende dos últimos datos que achega a consultora independente GFK, segundo os cales Samsung pasa a situarse como líder no sector das tablets cunha cota de mercado do 24% fronte ao 21% pertencente a Apple.
Estas novas cifras colocan o liderado sobre Samsung nun sector, o das tablets, no que até o de agora Apple non tiña competencia. Ademais, cómpre lembrar que o fabricante coreano tamén é líder no sector dos smartphones, superando á compañía da mazá e a outros clásicos como Nokia, a día de hoxe algo decadente.
Semella pois que a estratexia de ter os terminais coa máis alta calidade nas gamas altas, como o Galaxy S III, produtos innovadores e diferenciadores, como a Galaxy Note II, e un portfolio de tablets en diferentes tamaños para adapaarse ás necesidades dos usuarios estalles a funcionar bastante ben.

Permanecerá moito tempo ese liderado ou entrarán novos xogadores ao terreo de xogo?

Sobre o autor

Reply