SCH-W2013, o terminal Samsung de luxo con dobre pantalla

Parece que aínda hai quen busca teléfonos plegábeis, a lo menos na China. Tanto é así que Samsung acaba de lanzar xunto a China Telecom, o principal operador de telefonía móbil da China, o SCH-W2013, un dispositivo que conta co mellor hardware nun deseño diferente ao que estamos acostumados hoxe en día.
Así, este novo terminal conta con dobre pantalla táctil SuperAMOLED de 3,7 polgadas e resolución 800 x 480 píxeles. O procesador é un quadcore a 1,4 GHz e dispón de incorpora 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna.
Ademais de dúas pantallas tamén ten dúas cámaras, a principal e 8 megapíxeles e unha frontal de 1,9, batería de 1850 mAh e acabados premium. Como sistema operativo trae Ice Cream Sandwich.
En canto ao prezo, sae nuns 2300 euros e só estará dispoñíbel na China. Algún ou algunha de vós pensando en mercalo?

Sobre o autor

Reply