Xa temos falado no noso blogue da existencia de tendas de aplicacións alternativas, entre as que atopamos AndroidPIT, que nestas datas recupera unha iniciativa que xa ten feito noutras ocasións: o Calendario de Appviento.
Así, desde hoxe e até o 24 de decembro poderémonos facer cunha selección das aplicacións de pago máis populares de diversas categorías (tempo, fotos, ofimáticas…) a prezo reducido, cuns descontos que chegan até o 74%.
Cada día poderase ver na súa páxina web cales son as aplicacións dispoñíbeis na promoción, sen lugar a dúbidas unha interesante iniciativa para que merquemos ferramentas para os nsso smartphones ou tablets ás que sacar proveito no 2013.
Máis info: AndroidPIT