R incorpora no seu catálogo o Xperia Tipo desde 0 € para consumos de 9 €/mes #mobilR

R segue a aumentar a familia de terminais Android de seu catálogo coa incorporación dun dispositivo  de Sony, o Xperia Tipo, un terminal de entrada para aquelas persoas que se smartphoniza por vez primeira ou quen non queira gastar demasiado.
O Tipo incorpora un procesador Qualcomm Snapdragon de 800 MHz e unha pantalla de 3,2 polgadas (480 x 320 píxeles), que ademais é resistente a golpes e rabuñadas. A cámara é de 3,2 megapíxeles e dispón de 512 MB de memoria RAM e 2,9 GB de memoria interna, aínda que ampliábeis noutros 32 GB extra a través de microSDs.
Como sistema operativo incorpora Android 4.0 – Ice Cream Sandwich, aderezado pola interface de personalización de Sony.
O Xperia Tipo pódese adquirir en promoción (até o 31/12/2012) por 0 € para consumos de 9 €/mes ou superior (portabilidades ou renoves). Para alta de números novo ten un prezo de 99 €.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Anonymous 3 Decembro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 3 Decembro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Iago Varela Martínez Cancelar a resposta