- Android. Ten unha gran diversidade de dispositivos moi distintos uns de outros (móbiles, tablets, televisións, autorradios…).
- iOS. Ten unha gran cota de mercado e uns dispositivos de calidade moi alta.
- Windows Phone 8. Paréceme unha moi boa aposta de Microsoft, xa que conseguen que unha aplicación poida ser portada de xeito doado de Windows 8 na súa versión escritorio a móbiles.
- Blackberry. Creo que o plus que tiña coa mensaxería está a perdelo, mais nunca se sabe como pode reaccionar RIM.
Que smartphones, tablets ou outros gadgets Android tes?
Agora mesmo teño como móbil principal un Samsung Galaxy SII que levo a todas partes e como dispositivos de testeo teño os seguintes:
- HTC Magic: o meu primeiro Android.
- HTC Hero: donado por @NITEMAN_es
- Sony Ericsson X10 Mini: donado por @LaraLyo
- Asus Transformer + dock: o meu primeiro tablet.
- Nexus 7: A miña última adquisición.
Cales son as túas oito aplicacións imprescindíbeis ou favoritas? (non valen as propias!).
Esta pregunta é bastante complexa xa que uso moitas aplicacións ao longo do día. Malia todo, asque considero must-install son:
- Barcode Scanner: lector de códigos QR.
- Andlytics: estatísticas das aplicacións que teño no Play Store.
- TweetTopics: cliente de Twitter 100% español.
- Google Talk: servizo de mensaxería de Google.
- Solid explorer: explorador de ficheiros con opcións para root.
- Chrome: navegador web.
- Google Maps: creo que non precisa presentación 🙂
- Google+: a aplicación oficial da rede social de Google.
Cales son, ao teu entender, os principais retos de Android para os próximos meses ou anos?
Agora mesmo creo que Android só ten que solucionar un problema: a fragmentación xerada polos fabricantes e operadores que modifican o código fonte do S.O. e que fan que o sistema vaia algo peor e xere retrasos nas actualizacións.
Pódese vivir de facer aplicacións para móbiles?
Eu non estou gañando tantos cartos como para vivir só de crear aplicacións para Android pero coñezo varios desenvolvedores españois que sí que o fan e pouco a pouco van medrando máis.
Que lle recomendarías a alguén que quere comezar a programar en Android?
Recomendaríalle que se fixara unha aplicación coma obxectivo a desenvolver e así ir aprendendo segundo lle vaian aparecendo dúbidas no proceso de desenvolvemento. En realidade é algo aplicábel a todas as linguaxes de programación, non só para Android.
Algo que deixes no tinteiro e queiras comentar?
Soamente engadir que quen queira pode descargar as miñas aplicacións dende esta ligazón ou as que desenvolvín baixo o nome de RedInput (empresa da que son cofundador) nesta outra.
—
Se ti tamén es desenvolvedor Android podes contactar connosco a través de android(at)mallando(dot)com