Xperia E, o novo membro da familia Sony

Sony vén de presentar un novo terminal para a súa gama Xperia, o Xperia E, un dipositivo que se presenta en dúas versións: mono ou dual SIM (Xperia E dual).
Das súas características chama a atención a implementación dun novo sistema de aforro no consumo de batería cando está en modo standby, pechando as aplicacións inactivas e cortando o acceso a datos (interesante para as noites, por exemplo), aínda que non ás chamadas e sms.
Dispón de pantalla de 3,5 polgadas HVGA, procesador de 1 GHz, cámara de 3,2 megapixeles, 4 GB de memoria interna (ampliábeis en 32 GB extra por microSD) e conectividade DLNA. Como sistema operativo xa trae de serie Jelly Bean (4.1) o monoSIM e Ice Cream Sandwich actualizábel o dual sim.
Chegará a España durante o primeiro trimestre de 2013 e aínda que non se confirmaron prezos aseguran que será “asequíbel”

Sobre o autor

Reply