10.000.000 de Optimus L. As cifras avalan a nova liña de LG

Recentemente falamos da serie Optimus L de LG, a gama formada por L3, L5, L7 e L9 cos que a compañía coreana está a facerse oír este ano. Desde o seu lanzamento xa apuntaban a ser un produto de masas e agora as cifras de ventas veñen a confirmárnolo.
Así, desde LG veñen de confirmar que xa son máis de 10 millóns os dispositivos vendidos desde o seu lanzamento no Mobile World Congress de Barcelona, que se ben quedan lonxe dos 30 millóns de Galaxy S III vendidos por Samsung, son unha cifra máis que envexábel.

Sobre o autor

Reply