Seguro que moitas e moitos de vós prescindides de cámara de fotos compacta por usar a cámara do voso smartphone, que sempre vos acompaña. Sen embargo en Samsung pensaron que era mellor ter unha cámara de maior calidade e dotala non só do sistema operativo Android senón tamén de conexión 3G. O mundo ao revés? Pode que un pouco, pero o aparello boa pinta tena.
Polo de agora foron dous os operadores que anunciaron a introdución da Galaxy Camera aos seus catálogos, Yoigo e Vodafone, aínda que sempre se pode mercar libre por uns prezos arredor dos 500 €.
A financiación que aplica Yoigo implica facer un pagamento inicial de 99 € e 24 mensualidades de 15 €, polo que en total sae en 459 €, uns euros máis económica que mercala directamente (ademais da vantaxe de poder pagala pouco a pouco). Iso si, habería que sumarlle algún plan de datos ou servizos de multiSIM.
Pola súa banda, Vodafone lanza a Galaxy Camera a 0 € vencellada a unha tarifa de 29 €/mes que inclúe 1 GB de navegación a máxima velocidade e cunha permanencia de 24 meses.
Apostaredes pola Galaxy Camera ou pensades que é un produto que non paga a pena?
ten unha pinta boísima!
sorpréndeme que Vodafone a poña tan barata… qué “truco” ten o plan de 29€?
Boas Toninhofj
se fas contas verás que non é tanto chollazo. O prezo da tarifa é sen IVE (sempre se dan así, logo se fas contas sae en 29 € x 24 meses = 696 €, sumándolle o 21% de IVE sae nuns 842 €
xa, pero ten conta de que os 29€ + IVE son pola tarifa, polo tanto xa terías que pagalos fora o “móbil” que fora… polo tanto segue a parecerme “barata”