HTC lanza un novo terminal da serie One. o SV

HTC vén de facer público un novo dispositivo para engrosar a serie Android One, o One SV, un terminal de grandes prestacións para un público medianamente avanzado que se porá á venda nos próximos días.
Cun procesador Snapdragon de dobre núcleo a 1,2 GHz, o novo SV inclúe 8 GB de memoria interna (aínda que amplíabeis por microSD en 32 GB extra), 1 GB de RAM, pantalla de 4,3 polgadas e chip NFC.
Malia todo, como nos últimos HTC; un dos puntos fortes é a súa cámara principal, de 5 megapíxeles e apertura f/2.0, que conta con funcións ráfaga e VídeoPic (sacar fotos ao tempo que se grava vídeo). Tamén dispón de cámara frontal, neste caso de 1,6 megapíeles e apertura de f/2.2.
E o outro punto de destaque é sen dúbida o sistema Beats Audio, que segue sendo exclusivo de HTC e ofrece un son de gran calidade, claro que tamén isto vai ligado a dispór duns cascos que sexan bos.
Sae á venda con Ice Cream Sandwich e interface Sense 4.0, aínda que será actualizábel a Jelly Bean.

Sobre o autor

Reply