O fabricante Wolder vén de dar a coñecer as súas 3 novas apostas en tablets Android para este Nadal, apostando por Ice Cream Sandwich, deseño ultrafino e bo prezo.
miTab Fly, miTab Neo e MiTab Lion comparten a meirande parte das súas características, como ter un procesador Dual Core a 1,5 GHz, 1 GB de RAM e 8 Gb de memoria interna, ampliábeis por microSD en até 32 GB extra.
Todas elas contan con cámara de 2 megapíxeles e saída miniHDMI para poder conectar a un televisor, ademais de microUSB e WiFi. A principal diferenza entre elas é o tamaño das pantallas:
- miTab FLY: 7 polgadas con formato 16:9 e resolución de 1024 x 600 píxeles.
- miTab NEO: 8 polgadas, formato 4:3 (máis orientado a xogos) e resolución de 1024 x 768 píxeles.
- miTab LION: 10.1 polgadas con formato 16:10 e resolución 1280 x 800 píxeles
En canto a prezos temos que a Fly custa 119 €, a Neo 129 € e a Lion 199 €, todos moi competitivos. Están dispoñíbeis na Wolder Store web e en diversos puntos de venta físicos que se poden consultar na súa web.