Xa temos comentado varias veces que malia que nas últimas actualizacións de Facebook a aplicación mellorou notabelmente, o certo é que a experiencia de usuario seguiu sendo bastante mala, sobre todo se a comparamos coa que temos noutras redes sociais, como Google+, cuxo funcionamento é impecábel.
Lenta, inestábel… semella que ao fin eses adxetivos para referirse á aplicación oficial da que é a principal rede social do mundo pasarán á historia nas próximas horas. E é que a nova versión de Facebook está feita de cero, pasando do HTML5 a código nativo, co que a integración co sistema operativo Android é moito mellor. Isto tradúcese en melloras de usabilidade, estabilidade, velocidade, fluidez… vamos, toda unha nova experiencia de usuario.
Malia todo, desta vez non atoparemos grandes cambios visuais ou de interface, imaxinamos que quedará para unha actualización posterior. Descoñecemos se hai cambios na integración publicitaria, posto que seguro que vos decataríades de que nos últimos tempos medrou o número de anuncios nos nosos timelines debido á migración dos usuarios da versión escritorio ás móbiles
Se todo vai segundo o previsto, esta actualización chegará nas próximas horas, pois cóntase que esté dispoñíbel en horario da tarde de hoxe nos Estados Unidos.