A finais de ano son moitas as empresas que fan a súa particular revisión do que deu de si o ano, entre elas Google, que publica a súa particular listaxe, Zeitgeist 2012, na que sitúa as buscas máis habituais.
Seguramente polo auxe das aplicacións, este ano decidiron engadir a categoría de “top 10” aplicacións máis buscadas. Os resultados que vos amosamos a continuación son das buscas no territorio español e engloban a suma total de todos os sistemas operativos móbiles habituais (Android, iOS, BlackBerry e Windows Phone).
- Apalabrados
- Dropbox
- Angry Birds
- Evernote
- Logic Master
- Bad Piggies
- iDocs (iOS)
Que vos parecen estes resultados? Sorpréndevos a presenza dalgunha delas?
a min sorpréndeme a presenza de “logic master”