O que podemos agadar de Sony para o 2013

A conversión de Sony Ericsson en Sony Mobile serviu para consolidar a esta marca como un dos referentes do 2012, cunha gama de dispositivos de gran calidade que foron aparecendo ao longo do ano e orientados a cubrir todas as gamas.
Segundo as últimas filtracións, semella que o 2013 non vai ser ano en balde para este fabricante, posto que xa están traballando na nova remesa de terminais. E o que se di, pinta moi ben:
  • Xperia 4: trataríase dun terminal de pantalla de 4 polgadas con resolución de 720p, cun procesador SnapDragon MSM8960T, batería de 1800 MHz e 1.5 GB de RAM.
  • Xperia 5: tería unha pantalla de 5 polgadas e resolución de 1080p, procesador de 4 núcleos SnapDragon APQ8064, 2 GB de RAM, 2400 mAh de batería e cámara de 13 megapíxeles.
  • Xperia 5R: sería un Xperia 5 pero con 2800 mAh de batería e resistencia á auga e golpes.
  • Xperia 6: como podedes imaxinar, tería 6 polgadas de pantalla, procesador de 4 núcleos SnapDragon APQ8064, 3 GB de RAM, 3500 mAh de batería e 13 megapíxeles de cámara.
Con estas especificacións podemos asegurar que para o ano a gama media volve subir de nível, chegando ao que foi este ano a gama alta. Así mesmo, a gama alta segue medrando en tamaño de potencia e batería, factor determinante este último.
Que vos parecen a vós estes rumores?

Sobre o autor

Reply