#mobilR engade novo terminal Android en catálogo (e novo fabricante)

A galega R vén de introducir novo terminal ao seu catálogo de smartphones que supón ademais a entrada dun novo fabricante Android, HTC, que se suma así a LG, Samsung e Huawei.
Trátase do Desire X, un dispositivo que incorpora un procesador de 1 GHz, 4 GB de memoria interno (ampliábel por microSD de até 32 GB), 768 MB de RAM e pantalla de 4 polgadas.
A cámara é de 5 megapíxeles e inclúe funcións avanzadas, como VídeoPic ou modo ráfaga. Dispón do sistema de audio optimizado Beats Audio e unha batería de 1650 mAh. Como sistema operativo, trae Android 4.0 Ice Cream Sándwich con interface Sense 4.0.
R comercialízao desde 0 € para consumos superiores a 39 €/mes (+IVE) e suxeito a contrato de permanencia de 18 meses.

Sobre o autor

Reply