Coñecendo os desenvolvedores: Txus Ballesteros

Para a entrevista de hoxe viaxamos até Bilbo para coñecer a Txus Ballesteros. Isto é o que nos contou:

[Androficha]

Cóntanos, como te chamas?
Txus Ballesteros, DesAndrOId ou Mob&Me
E de onde es?
Bilbao, País Vasco
Algún lugar onde saber máis de ti?
A miña web, http://desandroid.com

[Entrevista]

Canto tempo levas facendo cousas para Android? Como comezaches?

Pois o certo é que levo xa uns anos dentro do mundo Android, só dicir que o meu primeiro terminal foi unha HTC Magic de Vodafone que merquei nada máis saír, alá polo 2006.

Comezar, comecei un pouco como todo nesta vida, por aficción a todo o que ten a ver co desenvolvemento, a programación e a miña adicción ao código fonte.

Fas aplicacións para outros sistemas operativos? Cales cres que son as vantaxes de facer cousas para Android? Cales as de outros sistemas operativos?
A miña principal liña de actuación é Android, pero tamén toquei iOS e Windows Phone. 
Para min unha das principais vantaxes que lle vexo a Android é o enorme crecemento que está a ter. Outro punto forte é que resulta relativamente sinxelo crear aplicacións e aínda máis doado publicalas. A gran comunidade que ten por detrás é algo que non podemos obviar e, por suposto, o excelente soporte de Google.
Das vantaxes doutros sistemas operativos, en iOS destacataría o tipo de cliente obxetivo, que a priori ten un maior poder adquisitivo disposto a investir e aplicacións, algo que en Android non acontece. Do resto de sistemas polo de agora non me pronunciarei.

Que smartphones, tablets ou outros gadgets Android tes?


Esta é unha longa listaxe:
  • Smartphones: HTC Magic, HTC Desire, HTC Wildfire e Samsung Galaxy Note II.
  • Tablets: Zenithink ZT-180 e Asus Transformer TF101.

Cales son as túas oito aplicacións imprescindíbeis ou favoritas? (non valen as propias!).

Quitando as millas non o teño moi claro, aínda que supoño que as da maioría da xente: Twitter, Google+, Google Reader, Tapatalk, Dropbox, Google Drive, Spotify e WhatApp.
Cales son, ao teu entender, os principais retos de Android para os próximos meses ou anos?
Para min Android debe seguir a traballar no seu particular talón de Aquiles, que é o consumo de batería, xa que a día de hoxe é o sistema que máis batería desperdicia. Doutra banda debe seguir medrando en APIs e en apoio a desenvolvedores, sen esquecernos tampouco do tema da fragmentación.
Pódese vivir de facer aplicacións para móbiles?
Pois un pouco como todo, depende do impacto que estas aplicacións xeren no mercado e da elección dun modelo de negocio axietado. Se consegues que eses dous factores sexan bos, creo que si, pero poido asegurar que non é sinxelo conseguilo. Ás probas me remito, xa que hai xente e empresas que viven disto.

Que lle recomendarías a alguén que quere comezar a programar en Android?

Que poña toda a carne no asador, que abuse da comunidade preguntando e volvendo a preguntar. E o máis importante, que non vexa Android como un imposíbel, porque se ben é certo que a curva de aprendizaxe é dura, unha vez acadado un nível o camiño é moito máis ameno.

Algo que deixes no tinteiro e queiras comentar?

Só recomendar a nosa librería a todos aqueles que queiran desenvolver para Android, porque lles vai axudar moito, ADA Framework.
Se ti tamén es desenvolvedor Android podes contactar connosco a través de android(at)mallando(dot)com

Sobre o autor

Reply