HTC One S, One X e Sony Xperia T reciben Jelly Bean (4.1)

Co Nadal chegan boas novas para quen tedes un HTC One S ou One X, posto que a compañía vén de liberar a actualización a Jelly Bean (4.1.1), que incorpora varias novidades, a máis rechamante Google Now, que supón unha nova forma de busca.
Ademais dos HTC citados, o Sony Xperia T tamén se está a actualizar estes días á 4.1, adiantándose 2 meses ao prazo inicial previsto por Sony, que contaba con actualizalo en febreiro.

Sobre o autor

Reply