O fabricante eFun vén de anunciar o lanzamento dunha liña de dispositivos chamada Google Play Series, que inaugura o Nextbook 7GP, unha nova tablet de 7 polgadas que aposta, como non, polo prezo baixo.
Este novo dispositivo conta cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD noutros 32 GB extra. Non contará con conectividade 3G, unicamente teremos versión WiFi. Entre outras conexións a destacar estaría o HDMI, para compartir multimedia cun televisor.
Aínda que as características non son nada do outro xoves, cómpre destacar que este dispositivo aposta por Jelly Bean (4.1) como sistema operativo e, sobre todo, polo prezo, xa que estará no mercado por 130 dólares, algo menos de 100 euros co cambio actual.