Deste xeito, SayWhat establece catro categorías (casual, ocio, amor e traballo), nas que atopamos mensaxes predefinidas que recibirá o noso interlocutor, aínda que podemos editalas e configurar as propias. Imaxinade que podedes enviar, por exemplo, unha mensaxe a un amigo de “Ei, chámote para tomar unha Estrella”. Interesante, non?
Se somos nós quen recibe a chamada podemos escoller entre contestar directamente ou devolver unha mensaxe (non che podo falar, que estou reunido!). Neste punto é importante sinalar que se o receptor da chamada non ten instalada a aplicación recibirá a mensaxe co motivo por sms (sen custe para ninguén).