É necesario de cando en vez facer críticas o máis obxectivas posibles para así sacar conclusións que axuden a mellorar calquer sistema ou proceso. Por eso, que mellor momento, agora que rematou o mundo ano, para reflexionar sobre o presente e o futuro de Android. En que debería mellorar Android?
Persoalmente, penso que Android debería mellorar en tres puntos:
- Fragmentación. Si. É un tema que xa se fai pesado, pero segue aí e perxudica ao usuario final de forma directa. De quen é a culpa? De Google? Das compañías telefónicas? Dos fabricantes? Ninguén quere dar un paso adiante para solventala, pero o certo é que, como podedes ver na seguinte gráfica, a maior parte dos usuarios dispoñen de Android 2.3, cando a última versión é 4.2.
Que provoca isto? Pois principalmente, os usuarios notaron maiormente en que os seus terminais quedan “obsoletos”. Sen embargo, penso que é peor outro dos efectos. E é que debido á elevada fragmentación que sufre o SO, aos desenvolvedores de aplicacións non lles resulta doado dar o soporte adecuado a tanta variedade (sobre todo ás pequenas empresas).
- Variedade de terminais. Está claro que cantas máis opcións podan ser elixidas mellor, pero o ritmo de actualizacións que están recibindo os terminais semella insostible. Poñamos por exemplo a gama Galaxy S que tantos beneficios lle deu a Samsung.
Galaxy S
|
Galaxy S2
|
Galaxy S3
|
|
Ano
|
2010
|
2011
|
2012
|
Pantalla
|
4’’
|
4.3 / 4.5’’
|
4.8’’
|
Resolución
|
400 x 800
|
800 x 480
|
720 x 1280
|
CPU
|
1GHz Single-Core
|
1.2GHz / 1.5GHz Dual-Core
|
1.4GHz Quad-Core
|
Gráficos
|
Super AMOLED
|
Super AMOLED Plus
|
HD Super AMOLED
|
RAM
|
512MB RAM
|
1GB RAM
|
1GB RAM
|
Memoria interna
|
8 / 16GB + microSD
|
16 / 32GB + microSD
|
16/32/64GB + microSD
|
Cámara frontal
|
VGA
|
2-megapixeles
|
1.9-megapixeles
|
Cámara traseira
|
5-megapixeles
|
8-megapixeles
|
8-megapixeles AF + HDR
|
WiFi
|
802.11 b/g/n
|
802.11 a/b/g/n
|
802.11 b/g/n with Channel Bonding, HT40
|
Bluetooth
|
3.0 + A2DP
|
3.0+HS
|
4.0 Low-energy
|
Sensores
|
GPS, Acelerómetro, Sensor de proximidade, Brúxula Dixital
|
GPS, GLONASS, Acelerómetro, Sensor de proximidade, Brúxula Dixital, giroscopio
|
GPS, GLONASS, Acelerómetro, RGB Light, brúxula dixital, xiroscopio, barómetro, sensor de proximidade, NFC
|
Dimensións
|
122.4 x 64.2 x 9.9mm
|
125.3 x 66.1 x 8.4mm o129.8 x 69.6 x 9.65mm
|
136.6 x 70.6 x 8.6mm
|
Peso
|
119 gramos
|
116 gramos
|
133 gramos
|
Batería
|
1,500mAh
|
1,560mAh
|
2,100mAh
|
Certo é que esto pode ser debido á que o dos smartphones é un mercado que acaba de xurdir, pero, de verdade pensa alguén que son necesarios 4 núcleos para desfrutar das aplicacións que hoxe en día máis se descargan da tenda dos de Mountain View? Chegados a este punto sería máis adecuado optar pola innovación en temas relacionados con sensores e por suposto coas baterías. É decir, da mitade da táboa cara abaixo.
- Monetización. Sería un gran impulso de cara os próximos anos que o sector da telefonía xerase máis ingresos. Por exemplo, nos EUA é moi moi habitual a compra de aplicacións a través das diferentes tendas, sen embargo, en paises como España eso non sucede.
Eu propoño dúas solucións: por unha parte, sería convinte facilitar eses pagos para os usuarios non expertos. En vez de necesitar unha conta de Google Wallet, simplemente ao mercar cargalo na factura telefónica. Esta práctica está cada vez máis extendida, ainda que as OMV que a practican son as menos. Por outra parte, incentivar o uso de NFC para pagos en tendas físicas, eso implicaría non ter que andar con moediñas na carteira e axilizaría as colas, o que levaría a moita xente a comezar a mercar desde o móbil.
Estes son, principalmente ás tres áreas nas que debe mellorar Google se quere facer de Android un sistema operativo útil, potente e accesible a todos os públicos. E vos, que pensades?
Fontes:
Android Developer
Android Zone
A fragmentación non é realmente tanto como se quere facer ver
simplificando pódese dicir que hai dous Androids funcionando, o Gingerbread que ten sobre o 50%
e o 4.x que ten sobre o 40%. os 4.x teñen moi poucas diferencias entre si dende o punto de vista de deseño e desenvolvemento
As outras versións son case irrelevantes