Ubuntu Phone estára dispoñíbel en febreiro para o Galaxy Nexus

Hai uns días falamos da presentación de Ubuntu Mobile (Ubuntu Phone) nunha publicación na que analizamos as súas principais características e na que nos preguntabamos como podería afectar este anuncio a Android.
Entre as cousas pouco aclaradas por Canonical estaba o tema de dispositivos: habería terminais específicos? Liberarían a imaxe do sistema operativo como se fose unha ROM? … pois esas dúbidas pouco a pouco vanse despexando.
Segundo a última información dispoñíbel será a finais de febreiro cando esté dispoñíbel a versión de desenvolvemento para o Galaxy Nexus, o que servirá para os máis atrevidos poidan comezar a fedellar.
É probábel que durante esta semana teñamos máis novas desde o CES, pero todo parece indicar que será no MWC cando descubramos todo o que ten a ver con este novo sistema operativo.

Sobre o autor

Reply