Ano 2011, febreiro. Samsung presenta o Galaxy S II. Ano 2012, maio. Samsung presenta o Galaxy S III. Ano 2013, xaneiro. Samsung presenta o Galaxy S II Plus.
¿?
O Galaxy S II de Samsung supuxo, sen lugar a dúbidas, un punto de inflexión no percorrer de Android. Con el chegou a gama alta e iniciouse a competencia por ver quen daba máis no mundo dos smartphones. Mais tamén serviu para establecer a gama Galaxy S como un referente do que Samsung considera o seu “top”. Así, cada ano imos coñecendo un novo Galaxy S (S, S II, S III, este ano o S IV…) que vai mellorando o anterior.
Pois agora o fabricante coreano vén de presentar unha versión “vitaminada” do terminal que tantas alegrías lle deu, o Galaxy S II Plus. Estas son as súas características:
- Pantalla de 4,3 polgadas Super AMOLED Plus [non cambia]
- Procesador dual core a 1,2 GHz [cambia, pero mesmas características]
- 1 GB de RAM [non cambia]
- 8 GB de almacenaxe interno ampliábel [antes 16 GB]
- Batería de 1650 mAh [non cambia]
- Cámaras de 8 e 2 MP [non cambia]
- Android Jelly Bean 4.1.2 [cambia, pero suponso que o S II actualizarase]
- NFC opcional [non cambia]
Daquela? Daquela nada. Imaxinamos que o cambio de procesador, malia ser das mesmas caracterísiticas, ofreceralle algunha mellora, pero será algo anecdótico. Polo demais, pequenos retoques mínimos de deseño, cabe pensar que para evitar novas liortas con Apple.
Nada se sabe de prezos ou dispoñibilidade, pero imaxinamos que a súa incorporación será case inmediata e a prezo de S II.