bq: tablets con seña española

Seis estudantes de telecomunicacións da UPM comezaron en 2005 a súa andaina no mundo empresarial. Non primeiro momento principiaron vendendo memorias USB, pero seis anos máis tarde deron o salto ao mundo dos e-readers. Según un estudio Gfk, un de cada tres libros electrónicos vendidos durante o último ano son froito da súa compañía.

Actualmente teñen un amplo catálogo de e-readers e de tablets que arrasou nas tendas durante o pasado Nadal. Persoalmente, penso que as claves do éxito están sendo tres principalmente:
En primeiro lugar, hai que destacar a facilidades que dan para mercalos. Ou ben a través da tenda da compañía (por 0.99€ envíos urxentes que chegan ao día seguinte), ou ben nalgunhas grandes superficies podemos facernos con un dos seus dispositivos. Ademais teñen acordos coa FNAC e coa Casa del Libro para os que fabrican tablets e e-readers, respectivamente.
En segundo lugar, ofrecen un excelente servizo postventa, tanto de devolucións como de actualizacións de software. En xeral, a maioría dos comentarios que se escoitan ao respecto son positivos, e esto é algo de agradecer, algo que moitas outras compañías con hardware ao mesmo precio non ofrecen.
E por último e máis importante, a relación calidade/prezo. Para un usuario medio, estas tablets superan todas as súas necesidades, incluso para usuarios avanzados me atrevería a decir que son suficientes polo momento.
Tablets

 

Actualmente comercializan principalmente tres modelos, inda que acaban de presentar un novo do que falaremos máis adiante. Deixámosvos unha comparativa na seguinte táboa, pero xa vos podemos adiantar que practicamente a única diferencia se atopa no tamaño da pantalla.
bq Edison
bq Curie
bq Maxwell plus
Pantalla
10.1’’
8’’
7″
Resolución
1280 x 800 px
1280 x 768 px
1024 x 600 px
CPU
Dual Core Cortex A9 1.6GHz
Dual Core Cortex A9 1.6GHz
Dual Core Cortex A9 1.6GHz
GPU
Quad Core Mali-400 Quad Core Mali-400 Quad Core Mali-400

RAM
1GB RAM
1GB RAM
1GB RAM

Almacenamiento
16 GB + microSD
16 GB+ microSD
8 GB + microSD

Cámara frontal
VGA
VGA
VGA

Cámara traseira
2-megapixeles
2-megapixeles

Dimensións
175 x 257 x 10 mm
199 x 155 x 9,8 mm 195 x 122 x 11 mm
Peso
655 g
450 g 360 g

Batería
6400 mAh
5000 mAh
4100 mAh

Precio
199.99€
169.90€
199.90€
Cabe destacar un par de datos. Non dispoñen de GPS, moitas veces innecesario nunha tablet de 8-10″ pero ao mellor útil nunha de 7″. Pola contra, si teñen conexión HDMI e USB OTG para conectar diversos periféricos.
bq Elcano: a última filla
Estes días veñen de presentar a súa última incorporación. Trátase dunha tablet de 7″ con 3G, GPS e pantalla IPS HD polo módico precio de  199.90€, é decir, competencia directa do Nexus 7. Eso si, cun Dual-Core en vez dun Quad-Core e con ICS (por agora).
Por agora en Mallando no Android non tivemos tempo de probala, pero se nos facemos con unha comentarémosvos que nos parece. Sen embargo, levo un par de días probando unha Curie e teño que dicir que non hai nada que bote en falta. Tras varias semanas barallando posibilidades (mirade esta comparativa) penso que foi unha elección totalmente axeitada.

Sobre o autor

Reply