Un deses proxectos tolos máis apaixonante nos que está a traballar Google é, sen lugar a dúbidas o Project Glass, os sonados lentes de realidade aumentada que coñecemos un vídeo-concepto moi ilustrativo (aínda que esaxerado?):
Mais desde aquela até hoxe, poucas novidades puidemos descubrir. Iso si, cando chegan, veñen varias xuntas.
A primeira delas ten que ver coas datas de presentación a desenvolvedores, que se veñen de anunciar. Serán en sendos eventos que terán lugar en San Francisco (28 e 29 de xaneiro) e New York (1 e 2 de febreiro).
E a segunda, e non menos importante, unha patente que Google vén de adquirir sobre o produto, que ten que ver cun cambio no deseño: trátase dun aumento no tamaño da patilla que ten como obxetivo facela máis atractiva e agochar a batería, como podedes ver na imaxe que ilustra este artigo ou neste outro esquema:
En Mallando no Android estamos desexosos de saber máis sobre este interesante proxecto. A ver que descubrimos a finais de mes! Iso si, se estades pensando en facervos cunhas, ide aforrando, porque rondarán os 1500 dólares.