Nibbio, a tablet con arranque dual Android / Ubuntu

Non foron poucas as veces que falamos por acó de Ubuntu, un sistema operativo que nos gusta tanto coma Android ( coñecedes O Meu Ubuntinho?), polo que todos os avances e achegamentos entre eles parécennos moi interesantes.
Neste senso encantounos saber de Nibbio, unha empresa italiana que acaba de presentar a súa nova tablet, cuxo punto forte é contar con arranque dual Android (Ice Cream Sandwich) / Ubuntu.
As súas característivas van na liña do que estamos a descubrir nas últimas semanas: procesador de catro núcleos (un Exynos de Samsung) a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. A pantalla é unha IPS de 10,1 polgadas (1920 x 1200 de resolución) e dispón de dobre cámara (frontal VGA e traseira 2 megapíxeles).
Estará dispoñíbel a partir do mes de marzo por 373 euros, pero xa está aberto o prazo de prerreserva.

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 24 Xaneiro, 2013 Responder

Reply