Se sodes dos que seguides os festivais máis destacados do panorama musical que se celebran en España e Portugal, gustaravos a aplicación Festivales. Trátase dunha ferramenta na que podemos atopar información sobre os eventos, desde quen forma parte do cartel até a ubicación precisa en Google Maps pasando, claro está, por datas e prezos das entradas.
Pero ademais, con Festivales pódense recibir notificacións para estar ao tanto de confirmacións de última hora ou novas vencelladas ao festival que nos interese.
Sónar, Primavera Sound, BKK Live, Viña Rock, Super Bock Super Rock son só algúns dos eventos incluídos nesta guía, na que en contrapunto botamos en falta algún dos moitos festivais que se celebran na nosa terra.
Nome da aplicación: Festivales
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: Monstapps
Descarga: Play Store