Sony Xperia Tablet Z: así é a nova tablet de Sony

Desde que Sony lanzou a súa primeira tablet sorprendeu por un deseño característico, que nos lembra a un xornal pregado e que resulta bastante cómoda para o consumo de información.
O último dispositivo da liña e tablet de Sony xa ten nome, Xperia Tablet Z e aínda que conserva a súa liña de deseño tan chamativa, internamente cambia bastante as súas características.
Conta cunha pantalla IPS Mobile Bravia de 10.1 polgadas e resolución 1920 x 1200. O procesador é un SnapDragon S4 Pro a 1,5 GHz, ten 2 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e unha batería de 6000 mAh.
Non escatima en cámaras, algo que sorprende neste tipo de dispositivos. Así, a traseira é de 8 megapíxeles e a frontal de 2. Como sistema operativo sae con Android 4.1.2 (Jelly Bean).
Polo de agora só hai confirmación da súa chegada a Xapón, onde a súa presentación estaría prevista para finais de mes, mais non sabemos que pasará con Europa, onde pode que recibamos unha versión diferente ou algo novidoso a presentar no Mobile World Congress.

Sobre o autor

Reply